jueves, 31 de enero de 2008

EDILIM

O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen.

Coma vantaxes podemos destacar:

  • Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
  • Accesibilidade inmediata en internet.
  • Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
  • Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
  • Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.

Desde o punto de vista educativo:

  • Contorna agradable.
  • Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
  • Actividades atractivas.
  • Posibilidade de control de progresos.
  • Avaliación de exercicios.
  • Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
  • Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e Encerados Dixitais Interactivas.
  • Creación de actividades de forma sinxela.

LIM precisa para o seu correcto funcionamento o plug-in flash.

Para facilitar o traballo de creación de páxinas existe a ferramenta EdiLim, pero podemos utilizar calquera procesador de textos.

LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuidade e autoría.
Contacto: Utilice o formulario ou escriba a franmate@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario