jueves, 31 de enero de 2008

ARDORA-APLICACIÓN GALEGA

Ardora é unha aplicación informática que permite, ós docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 34 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora so debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e o arquivo (applet de Java) que contén a actividade, ahora so precisará un navegador para visionar e poder realizar o exercicio diseñado.
1.- Para instalar Ardora primeiro debe descargar o programa de instalación premendo aquí
2.- A continuación faga dobre clic sobre o programa descargado, este copiará os arquivos de instalación á carpeta que vostede lle indique.
3.- Por último faga doble clic sobre o arquivo chamado "setup", o programa de instalación comenzará, siga as instruccións da pantalla e o programa estará listo para o seu uso.
IMPORTANTE: Ardora emprega, para o desenvolvemento das actividades, tecnoloxía "Java", polo que deberá ter instalado o plug-in de Java no seu explorador
Máis información visitando a páxina web de Ardora.
_______________________________________
EXERCICIOS FEITOS CON ARDORA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario