viernes, 18 de abril de 2008

CÓMO ABRIR OS PORTOS DO TEU ROUTER

Esta explicación é valida para un router inalámbrico da marca Linksys Compact Wireless-G. Para outros modelos o procedimento pode variar un pouco.
Vouvos explicar cómo se abren os portos dun router para, por exemplo, poder traballar con EMule e non nos dea unha ID baixa. Se tedes unha ID baixa coa mula , a velocidade de descarga será moi baixa, e non poderedes compartir arquivos con outros usuarios, entre outras cousas.
O que tedes que facer é o seguinte:
1. Inicio-executar-cmd-ipconfig. Esto daravos acceso á configuración da vosa IP. Copiade o númera da porta de enlace predeterminada e pegádea na barra de enderezos precedida de http://
2. Accededes así ó panel de configuración do voso router.
3. Ide á pestaña APPLICATIONS AND GAMING
4. Alí recheade os seguintes datos: En application name poñede EMULE (esto non é máis que unha referencia, para que saibades que se refire á Emule). Logo en Start-end port poñede a TCP que teñades na mula (esto se mira no programa en preferencias-conexión, no meu caso é 4337). Tedes que poñer o rango 4337 (start) e 4337(end). Marcade a casilla TCP e poñede logo a Starting IP Address da vosa conexión (esto se mira no router en SETUP).
5. Facede exactamente o mesmo coa UDP (en application name poñede EMULE1, por exemplo, para distinguirlo da anterior) Non vos esquecer en ambos casos de marcar as casillas ENABLED.
6. Salva e garda cambios
7.Lanza a mula, conectade e xa ten que darvos a IP alta. Se queredes, ide na mula a PREFERENCIAS-CONEXIÓN-COMPROBAR PORTOS e accededes a unha páxina de internet que vos vai decir que os tests de TCP e UDP pasaron a proba: OS TEUS PORTOS XA ESTÁN ABERTOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario