O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen.
Coma vantaxes podemos destacar:
- Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
- Accesibilidade inmediata en internet.
- Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
- Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
- Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
Desde o punto de vista educativo:
- Contorna agradable.
- Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
- Actividades atractivas.
- Posibilidade de control de progresos.
- Avaliación de exercicios.
- Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
- Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e Encerados Dixitais Interactivas.
- Creación de actividades de forma sinxela.
LIM precisa para o seu correcto funcionamento o plug-in flash.
Para facilitar o traballo de creación de páxinas existe a ferramenta EdiLim, pero podemos utilizar calquera procesador de textos.
LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuidade e autoría.
Contacto: Utilice o formulario ou escriba a franmate@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario